Un modelo innovador de xestión territorial

O proxecto DESOURB (Desarrollo Sostible Urbán) ten como obxectivo definir un modelo innovador para a planificación e xestión territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, baseado no desenvolvemento sostible, a monitorización do territorio e a xeración e difusión do coñecemento.

Páxina do proxecto http://www.desourb.org.

O Proxecto DESOURB

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, como beneficiario principal e o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, a través da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico (Eixoecologia) colaboran neste proxecto para iniciar o camiño da planificación territorial coherente e ordenada ao longo da fronteira con criterios sustentables.

Ámbito de actuación

DESOURB xurde ante a necesidade de coordinar a planificación territorial aos dous lados da fronteira mediante actuacións encamiñadas á homoxeneización da información xeográfica e á implantación dunha metodoloxía común para a xestión do territorio.

Este proxecto tamén se orienta á introdución do concepto de sustentabilidade na ordenación e xestión do territorio para todas as poboacións da Eurorrexión.

Obxectivos

O obxectivo fundamental deste proxecto é definir un modelo innovador de planificación e xestión territorial baseado en datos contrastados, instrumentos de desenvolvemento sustentable e a xeración de coñecemento para a mellora continua. Este proxecto perfílase dende unha perspectiva de continuidade do proxecto SIUTEA, apóiase nos seus resultados e inicia novas accións de desenvolvemento do mesmo.

Indicadores destacados

Área artificial do concello

Superficie ocupada por zonas artificializadas...

Ver máis »

Densidade de alojamentos

Este indicador mede a relação entre o número de alojamentos e a superfície de solo urbano de um determinado território. Alojamen...

Ver máis »

Crescimento do PIB por habitante

O Produto Interno Bruto (PIB) corresponde ao valor do output final total de todos os bens (produtos e serviços) produzidos inter...

Ver máis »

Índice de polarización de emprego

Cociente entre a poboación empregada nunha determinada unidade territorial e a poboación aí residente e empregada...

Ver máis »

Proporção de alojamentos vagos e de uso sazonal

Aloxamento que no momento de referencia atópase dispoñible no mercado da vivenda. Poderanse considerar que son edificios para a ...

Ver máis »