Un modelo innovador de xestión territorial

O proxecto DESOURB (Desarrollo Sostible Urbán) ten como obxectivo definir un modelo innovador para a planificación e xestión territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, baseado no desenvolvemento sostible, a monitorización do territorio e a xeración e difusión do coñecemento.

Páxina do proxecto http://www.desourb.org.

O Proxecto DESOURB

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, como beneficiario principal e o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, a través da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico (Eixoecologia) colaboran neste proxecto para iniciar o camiño da planificación territorial coherente e ordenada ao longo da fronteira con criterios sustentables.

Ámbito de actuación

DESOURB xurde ante a necesidade de coordinar a planificación territorial aos dous lados da fronteira mediante actuacións encamiñadas á homoxeneización da información xeográfica e á implantación dunha metodoloxía común para a xestión do territorio.

Este proxecto tamén se orienta á introdución do concepto de sustentabilidade na ordenación e xestión do territorio para todas as poboacións da Eurorrexión.

Obxectivos

O obxectivo fundamental deste proxecto é definir un modelo innovador de planificación e xestión territorial baseado en datos contrastados, instrumentos de desenvolvemento sustentable e a xeración de coñecemento para a mellora continua. Este proxecto perfílase dende unha perspectiva de continuidade do proxecto SIUTEA, apóiase nos seus resultados e inicia novas accións de desenvolvemento do mesmo.

Indicadores destacados

Poboación urbana

Poboación residente en solo urbano delimitado nos Plans de Ordenamento do Territorio ou nos Plans Xerais de Ordenación Municipal...

Ver máis »

Poboación residente na costa

Poboación residente nunha faixa de 10km ao longo da costa...

Ver máis »

Total de residuos urbanos domésticos recollidos no concello

Residuos recollidos por ou en representación das entidades locais, a maior parte domésticos , máis tamén incluíndo residuos proc...

Ver máis »

Poboación residente en idade activa

Poboación con 15 ou máis anos de idade...

Ver máis »

Desemprego de longa duración

A taxa de desemprego de longa duração representa os trabalhadores sem emprego, disponíveis para o trabalho e à procura de empreg...

Ver máis »

Densidade de alojamentos

Este indicador mede a relação entre o número de alojamentos e a superfície de solo urbano de um determinado território. Alojamen...

Ver máis »