Un modelo innovador de xestión territorial

O proxecto DESOURB (Desarrollo Sostible Urbán) ten como obxectivo definir un modelo innovador para a planificación e xestión territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, baseado no desenvolvemento sostible, a monitorización do territorio e a xeración e difusión do coñecemento.

Páxina do proxecto http://www.desourb.org.

O Proxecto DESOURB

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, como beneficiario principal e o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, a través da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico (Eixoecologia) colaboran neste proxecto para iniciar o camiño da planificación territorial coherente e ordenada ao longo da fronteira con criterios sustentables.

Ámbito de actuación

DESOURB xurde ante a necesidade de coordinar a planificación territorial aos dous lados da fronteira mediante actuacións encamiñadas á homoxeneización da información xeográfica e á implantación dunha metodoloxía común para a xestión do territorio.

Este proxecto tamén se orienta á introdución do concepto de sustentabilidade na ordenación e xestión do territorio para todas as poboacións da Eurorrexión.

Obxectivos

O obxectivo fundamental deste proxecto é definir un modelo innovador de planificación e xestión territorial baseado en datos contrastados, instrumentos de desenvolvemento sustentable e a xeración de coñecemento para a mellora continua. Este proxecto perfílase dende unha perspectiva de continuidade do proxecto SIUTEA, apóiase nos seus resultados e inicia novas accións de desenvolvemento do mesmo.

Indicadores destacados

Percentagem de águas residuais com tratamento secundário ou terciário proveniente dos sistemas de drenagem

Avalia grau de tratamento das águas residuais provenientes do sistema de drenagem. ...

Ver máis »

Superfície artificial por habitante

Este indicador mede a superfície artificial de cada território relativamente à população residente nesse mesmo território (m2/ha...

Ver máis »

Consumo de combustíveis por habitante derivado do transporte rodovia

Consumo de energia final dos transportes dependentes de produtos derivados do petróleo, em relação a mobilidade por rodovias de ...

Ver máis »

Indice de renovación da poboación en idade activa no concello

Relación entre a poboación que potencialmente está a entrar e a que está a saír do mercado de traballo, definida habitualmente c...

Ver máis »

Área litoral

Superficie admnistrativa da NUTII ocupado por unha faixa de 10km ao longo da costa...

Ver máis »

Dependência energética

Consumo de recursos energéticos alóctones - não próprios –, em relação ao consumo total de recursos energéticos....

Ver máis »