Un modelo innovador de xestión territorial

O proxecto DESOURB (Desarrollo Sostible Urbán) ten como obxectivo definir un modelo innovador para a planificación e xestión territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, baseado no desenvolvemento sostible, a monitorización do territorio e a xeración e difusión do coñecemento.

Páxina do proxecto http://www.desourb.org.

O Proxecto DESOURB

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, como beneficiario principal e o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, a través da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico (Eixoecologia) colaboran neste proxecto para iniciar o camiño da planificación territorial coherente e ordenada ao longo da fronteira con criterios sustentables.

Ámbito de actuación

DESOURB xurde ante a necesidade de coordinar a planificación territorial aos dous lados da fronteira mediante actuacións encamiñadas á homoxeneización da información xeográfica e á implantación dunha metodoloxía común para a xestión do territorio.

Este proxecto tamén se orienta á introdución do concepto de sustentabilidade na ordenación e xestión do territorio para todas as poboacións da Eurorrexión.

Obxectivos

O obxectivo fundamental deste proxecto é definir un modelo innovador de planificación e xestión territorial baseado en datos contrastados, instrumentos de desenvolvemento sustentable e a xeración de coñecemento para a mellora continua. Este proxecto perfílase dende unha perspectiva de continuidade do proxecto SIUTEA, apóiase nos seus resultados e inicia novas accións de desenvolvemento do mesmo.

Indicadores destacados

Total de enerxía abastecida ó consumidor final

Enerxía final consumida para tódolos sectores e fontes de enerxía...

Ver máis »

Distância méda dos edifícios ao centro urbano

Avalia o grau de proximidade dos edifícios ao centro urbano. Foi considerado como centro urbano (definido pelos limites de um al...

Ver máis »

Poboación residente localizada a unha distancia inferior ou igual a 1,5km a pé ou a menos de 40 min en transporte público ou privado dun establecemento do 1º ciclo do ensino básico

Poboación residente localizada a unha distancia inferior ou igual a 1,5km a pé ou a menos de 40 min en transporte público ou pri...

Ver máis »

Densidade populacional

Relação entre a população e a superfície do território, geralmente expressa em habitantes por quilómetro quadrado....

Ver máis »

Distribuição do VAB por atividade económica

O Valor acrescentado bruto (VAB) refere-se ao Valor bruto da produção deduzido do custo das matérias-primas e de outros consumos...

Ver máis »