Un modelo innovador de xestión territorial

O proxecto DESOURB (Desarrollo Sostible Urbán) ten como obxectivo definir un modelo innovador para a planificación e xestión territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, baseado no desenvolvemento sostible, a monitorización do territorio e a xeración e difusión do coñecemento.

Páxina do proxecto http://www.desourb.org.

O Proxecto DESOURB

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, como beneficiario principal e o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, a través da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico (Eixoecologia) colaboran neste proxecto para iniciar o camiño da planificación territorial coherente e ordenada ao longo da fronteira con criterios sustentables.

Ámbito de actuación

DESOURB xurde ante a necesidade de coordinar a planificación territorial aos dous lados da fronteira mediante actuacións encamiñadas á homoxeneización da información xeográfica e á implantación dunha metodoloxía común para a xestión do territorio.

Este proxecto tamén se orienta á introdución do concepto de sustentabilidade na ordenación e xestión do territorio para todas as poboacións da Eurorrexión.

Obxectivos

O obxectivo fundamental deste proxecto é definir un modelo innovador de planificación e xestión territorial baseado en datos contrastados, instrumentos de desenvolvemento sustentable e a xeración de coñecemento para a mellora continua. Este proxecto perfílase dende unha perspectiva de continuidade do proxecto SIUTEA, apóiase nos seus resultados e inicia novas accións de desenvolvemento do mesmo.

Indicadores destacados

Taxa desemprego novo

Peso da poboación desempregada na faixa de idade comprendida entre os 15 e os 24 anos sobre o total da poboación activa...

Ver máis »

Disparidade no soldo medio mensual

A diferenza salarial entre xéneros representa a diferenza entre as ganancias horarias líquidas medias de homes traballadores e ...

Ver máis »

Percentagem de águas residuais com tratamento secundário ou terciário proveniente dos sistemas de drenagem

Avalia grau de tratamento das águas residuais provenientes do sistema de drenagem. ...

Ver máis »

Poboación residente localizada a unha distancia inferior ou igual a 1,5km a pé ou a menos de 40 min en transporte público ou privado dun establecemento do 1º ciclo do ensino básico

Poboación residente localizada a unha distancia inferior ou igual a 1,5km a pé ou a menos de 40 min en transporte público ou pri...

Ver máis »

Índice sintético de fecundidade

Número medio de fillos vivos nacidos por muller en idade fértil (dos 15 ós 49 anos de idade), admitindo que as mulleres estaría...

Ver máis »

Distribuição modal do transporte de passageiros

As orientações para uma mobilidade sustentável apoiam-se sobretudo na diminuição da dependência do veículo privado, pela maior u...

Ver máis »