Un modelo innovador de xestión territorial

O proxecto DESOURB (Desarrollo Sostible Urbán) ten como obxectivo definir un modelo innovador para a planificación e xestión territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, baseado no desenvolvemento sostible, a monitorización do territorio e a xeración e difusión do coñecemento.

Páxina do proxecto http://www.desourb.org.

O Proxecto DESOURB

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, como beneficiario principal e o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, a través da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico (Eixoecologia) colaboran neste proxecto para iniciar o camiño da planificación territorial coherente e ordenada ao longo da fronteira con criterios sustentables.

Ámbito de actuación

DESOURB xurde ante a necesidade de coordinar a planificación territorial aos dous lados da fronteira mediante actuacións encamiñadas á homoxeneización da información xeográfica e á implantación dunha metodoloxía común para a xestión do territorio.

Este proxecto tamén se orienta á introdución do concepto de sustentabilidade na ordenación e xestión do territorio para todas as poboacións da Eurorrexión.

Obxectivos

O obxectivo fundamental deste proxecto é definir un modelo innovador de planificación e xestión territorial baseado en datos contrastados, instrumentos de desenvolvemento sustentable e a xeración de coñecemento para a mellora continua. Este proxecto perfílase dende unha perspectiva de continuidade do proxecto SIUTEA, apóiase nos seus resultados e inicia novas accións de desenvolvemento do mesmo.

Indicadores destacados

Percentagem de superfície de espaços protegidos abrangidos por planos de gestão territorial

Para España e Portugal foron consideradas as seguintes Áreas Protexidas: Parques Nacionais; Parques Naturais; Reservas Naturais;...

Ver máis »

Taxa bruta de escolarización no ensino superior

Proporción da poboación residente que está a cursar un grao de ensinanza, relativamente ó total da poboación residente do grupo...

Ver máis »

Intensidade energética no transporte

Consumo de energia final para o transporte em relação ao Produto Interno Bruto (PIB)....

Ver máis »

Total de residuos urbanos domésticos recollidos selectivamente

Cantidades anuais recollidas selectivamente en cada fluxo menos os rexeitados nos diferentes fluxos de sistemas de recollida sel...

Ver máis »

Total de residuos urbanos domésticos recollidos na NUTII

Residuos recollidos por ou en representación das entidades locais, a maior parte domésticos , máis tamén incluíndo residuos proc...

Ver máis »

Diferença salarial entre géneros

A diferença salarial entre géneros representa a diferença entre os ganhos horários ilíquidos médios de homens trabalhadores e os...

Ver máis »