Accesibilidade

Política de accesibilidade

A Xunta de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e navegadores web empregados para tal fin e accesibles para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

A política de accesibilidade aplicada pola Xunta de Galicia está aliñada coas esixencias do Real Decreto 1494/2007, de 12 de novembro, que aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.

As páxinas deste sitio web cumpren todos os requisitos de Prioridade 1 e Prioridade 2 segundo a Norma UNE 139803:2004.

Cumprimento das normas WCAG 1.0 (Web Content Accessibility Guidelines) do W3C(World Wide Web Consortium), no seu nivel intermedio (AA).

A presentación baséase na recomendación do W3C sobre as Follas de Estilo en Cascada Nivel 2 Revisión 1 (CSS 2.1).

Empregouse a linguaxe de marcado HTML na súa especificación 5.0