Un modelo innovador de xestión territorial

O proxecto DESOURB (Desarrollo Sostible Urbán) ten como obxectivo definir un modelo innovador para a planificación e xestión territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, baseado no desenvolvemento sostible, a monitorización do territorio e a xeración e difusión do coñecemento.

Páxina do proxecto http://www.desourb.org.

O Proxecto DESOURB

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, como beneficiario principal e o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, a través da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico (Eixoecologia) colaboran neste proxecto para iniciar o camiño da planificación territorial coherente e ordenada ao longo da fronteira con criterios sustentables.

Ámbito de actuación

DESOURB xurde ante a necesidade de coordinar a planificación territorial aos dous lados da fronteira mediante actuacións encamiñadas á homoxeneización da información xeográfica e á implantación dunha metodoloxía común para a xestión do territorio.

Este proxecto tamén se orienta á introdución do concepto de sustentabilidade na ordenación e xestión do territorio para todas as poboacións da Eurorrexión.

Obxectivos

O obxectivo fundamental deste proxecto é definir un modelo innovador de planificación e xestión territorial baseado en datos contrastados, instrumentos de desenvolvemento sustentable e a xeración de coñecemento para a mellora continua. Este proxecto perfílase dende unha perspectiva de continuidade do proxecto SIUTEA, apóiase nos seus resultados e inicia novas accións de desenvolvemento do mesmo.

Indicadores destacados

Produto Interior Bruto

O Produto Interior Bruto (PIB) corresponde ao valor do output final total de tódolos bens (produtos e servizos) producidos inter...

Ver máis »

Taxa bruta de escolarização no ensino secundário e taxa bruta de escolarização no ensino superior

Proporção da população residente que está a frequentar um grau de ensino, relativamente ao total da população residente do grupo...

Ver máis »

Proporción de poboación cuberta por estacións de tratamento de augas residuais

Mide a porcentaxe de poboación servida con sistema público de drenaxe e tratamento de augas residuais. Abrange a poboación con a...

Ver máis »

Percentagem de população residente em territórios urbanos

Avalia a percentagem de população que num determinado território reside em aglomerados populacionais com mais de 10000 habitante...

Ver máis »