Un modelo innovador de xestión territorial

O proxecto DESOURB (Desarrollo Sostible Urbán) ten como obxectivo definir un modelo innovador para a planificación e xestión territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, baseado no desenvolvemento sostible, a monitorización do territorio e a xeración e difusión do coñecemento.

Páxina do proxecto http://www.desourb.org.

O Proxecto DESOURB

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, como beneficiario principal e o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, a través da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico (Eixoecologia) colaboran neste proxecto para iniciar o camiño da planificación territorial coherente e ordenada ao longo da fronteira con criterios sustentables.

Ámbito de actuación

DESOURB xurde ante a necesidade de coordinar a planificación territorial aos dous lados da fronteira mediante actuacións encamiñadas á homoxeneización da información xeográfica e á implantación dunha metodoloxía común para a xestión do territorio.

Este proxecto tamén se orienta á introdución do concepto de sustentabilidade na ordenación e xestión do territorio para todas as poboacións da Eurorrexión.

Obxectivos

O obxectivo fundamental deste proxecto é definir un modelo innovador de planificación e xestión territorial baseado en datos contrastados, instrumentos de desenvolvemento sustentable e a xeración de coñecemento para a mellora continua. Este proxecto perfílase dende unha perspectiva de continuidade do proxecto SIUTEA, apóiase nos seus resultados e inicia novas accións de desenvolvemento do mesmo.

Indicadores destacados

Índice de diversidade

O índice de diversidade (ou complexidade urbana) é utilizado para medir o grau de organização de um sistema urbano informando so...

Ver máis »

Poboación residente localizada a unha distancia inferior ou igual a 3km a pé ou a menos de 60 min en transporte público ou privado dun centro de saúde ou extensión de saúde

Poboación residente localizada a unha distancia inferior ou igual a 3km a pé ou a menos de 60 min en transporte público ou priva...

Ver máis »

Abundância de aves comuns

Mede a tendência da abundância e distribuição de um conjunto selecionado de espécies de aves comuns, incluindo aves que dependem...

Ver máis »