Un modelo innovador de xestión territorial

O proxecto DESOURB (Desarrollo Sostible Urbán) ten como obxectivo definir un modelo innovador para a planificación e xestión territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, baseado no desenvolvemento sostible, a monitorización do territorio e a xeración e difusión do coñecemento.

Páxina do proxecto http://www.desourb.org.

O Proxecto DESOURB

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, como beneficiario principal e o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, a través da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico (Eixoecologia) colaboran neste proxecto para iniciar o camiño da planificación territorial coherente e ordenada ao longo da fronteira con criterios sustentables.

Ámbito de actuación

DESOURB xurde ante a necesidade de coordinar a planificación territorial aos dous lados da fronteira mediante actuacións encamiñadas á homoxeneización da información xeográfica e á implantación dunha metodoloxía común para a xestión do territorio.

Este proxecto tamén se orienta á introdución do concepto de sustentabilidade na ordenación e xestión do territorio para todas as poboacións da Eurorrexión.

Obxectivos

O obxectivo fundamental deste proxecto é definir un modelo innovador de planificación e xestión territorial baseado en datos contrastados, instrumentos de desenvolvemento sustentable e a xeración de coñecemento para a mellora continua. Este proxecto perfílase dende unha perspectiva de continuidade do proxecto SIUTEA, apóiase nos seus resultados e inicia novas accións de desenvolvemento do mesmo.

Indicadores destacados

Área Urbana

Área clasificada como solo urbano nos Plans Municipais de Ordenamento do Territorio (PMOT) ou nos Plans Xerais de Ordenación Mun...

Ver máis »

Disparidades territoriais no emprego

Diferenças territoriais (NUTIII) no emprego no interior dos países e entre grupos de países. A taxa de emprego da faixa etária 1...

Ver máis »

Aloxamentos estacionais dos concellos

Aloxamento que é empregado periodicamente e onde ninguén ten a súa residencia habitual...

Ver máis »

Emissões de Gases de Efeito Estufa (GEE) total e por sector

Emissões de origem antropogénica dos principais gases que contribuem para o efeito estufa e apresentadas em forma de índice (19...

Ver máis »

Percentagem de solo urbano consolidado

Indica a proporção de solo urbano consolidado total em relação a área de solo urbano total. Permite avaliar o grau contiguidade ...

Ver máis »