Un modelo innovador de xestión territorial

O proxecto DESOURB (Desarrollo Sostible Urbán) ten como obxectivo definir un modelo innovador para a planificación e xestión territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, baseado no desenvolvemento sostible, a monitorización do territorio e a xeración e difusión do coñecemento.

Páxina do proxecto http://www.desourb.org.

O Proxecto DESOURB

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, como beneficiario principal e o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, a través da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico (Eixoecologia) colaboran neste proxecto para iniciar o camiño da planificación territorial coherente e ordenada ao longo da fronteira con criterios sustentables.

Ámbito de actuación

DESOURB xurde ante a necesidade de coordinar a planificación territorial aos dous lados da fronteira mediante actuacións encamiñadas á homoxeneización da información xeográfica e á implantación dunha metodoloxía común para a xestión do territorio.

Este proxecto tamén se orienta á introdución do concepto de sustentabilidade na ordenación e xestión do territorio para todas as poboacións da Eurorrexión.

Obxectivos

O obxectivo fundamental deste proxecto é definir un modelo innovador de planificación e xestión territorial baseado en datos contrastados, instrumentos de desenvolvemento sustentable e a xeración de coñecemento para a mellora continua. Este proxecto perfílase dende unha perspectiva de continuidade do proxecto SIUTEA, apóiase nos seus resultados e inicia novas accións de desenvolvemento do mesmo.

Indicadores destacados

Consumo de total de enerxía nos transportes dependentes de produtos derivados do petróleo

Consumo total de combustible empregado no transporte por estrada (gas-auto, gasolina e gasóleo A)...

Ver máis »

Aloxamentos baleiros de concellos

Aloxamento que no momento de referencia atópase dispoñible no mercado da vivenda. Poderanse considerar que son edificios para a ...

Ver máis »

Produtividade do trabalho

Produto real (deflacionado por PIB medido em volumes encadeados, ano de referência 2000) por unidade de trabalho (medida pelo nú...

Ver máis »

Poboación activa na NUTII

Poboación con idade mínima de 15 anos que, no período de referencia, constituían a man de obra dispoñible para a produción de b...

Ver máis »

População servida com sistema público de abastecimento de água

Este indicador mede a percentagem de população servida com sistema público de abastecimento de água....

Ver máis »